Pensaches que teñen en común o teu amigo obsesionado con Messi e a túa irmá que toma máis infusións ca auga? Anaquiños da Arxentina, boludo.
Algunha vez pensaches de onde vén esa comida que tanto che gusta ou onde xurdiu a túa afección preferida? Nesta campaña animámoste a reflexionar e cuestionarte de que te compós: crea o teu propio sticker con eses anaquiños doutros lugares que che fan seres ti e compárteo.
Como sería o sticker dese amigo obsesionado por Messi e o kebab? E o desa amiga vegana á que lle gustan a montaña e os animais? Pásao polo grupo.
Cada día tentan convencernos de que a realidade dunha persoa que está a milleiros de quilómetros de nós non ten nada que ver coa nosa, que non compartimos nada.
Vivimos nun momento que fomenta a nosa individualidade e pouco a pouco ímonos convencendo de que non precisamos esas persoas, de que non temos nada en común.
Con esta campaña queremos reflectir que os diferentes elementos que compoñen a nosa identidade se alimentan doutras persoas e outras realidades, e que non poderiamos existir sen a contribución e achega doutros países nuestra identidad se alimentan de otras personas y otras realidades, y que no podríamos existir sin la contribución y el aporte de otros países.
Queremos contar outra historia, unha que poña en valor o que nos une, os anacos que nos compoñen e a interdependencia que temos unhas persoas doutras. Unha historia que fale de compartir e non de loitar, de amor e non de odio.
Así, por medio do recoñecemento de que somos persoas con identidades múltiples, podemos romper o imperativo do bando único e reforzar o que nos une, que é moito máis do que nos separa.
Imaxinas descubrir que ese compañeiro de traballo co que pensabas non ter nada en común comparte a túa obsesión polo cine asiático?
Que os gobernos pasen á acción e destinen máis orzamento a mellorar o benestar e os dereitos de todas as persoas, vivan onde vivan
O desenvolvemento no que cremos respecta e coida os bens comúns das sociedades actuais e futuras. Reforzar o compromiso coa cooperación e contar con máis fondos públicos que contribúan ao desenvolvemento de sociedades máis xustas.
Avanzar cara a políticas feministas que eliminen todas as formas de discriminación, racismo, vulneración de dereitos e violencias contra as mulleres.
Apostamos por un modelo que aborde as causas estruturais das discriminacións de xénero, un modelo no que as mulleres participan na toma de decisións e onde se garanten os seus dereitos en igualdade de condicións, sexan de onde sexan, sexan como sexan.
Impulso de políticas ecoloxistas que promovan o coidado do planeta.
Promovemos un modelo que respecta o coidado do planeta, que promove un uso racional e equilibrado dos recursos naturais e que consegue reducir o avance do cambio climático. O coidado do planeta é unha oportunidade para xerar unha economía máis xusta, vivir mellor e repensar aspectos do sistema que non funcionan ou xeran inxustizas.
Busca a cidade que teñas máis preto e coñece que estamos a facer na túa contorna máis próxima.
Andalucía
Asturias
La Rioja
Illes Balears
Islas Canarias
Castilla-La Mancha
Navarra
Extremadura
Galicia
Euskadi
Comunitat Valenciana
Aragón
Catalunya
Comunidad de Madrid
Se o prezo medio dun café é 2 €, cantos cafés dedica cada persoa á cooperación ao desenvolvemento en cada comunidade autónoma?